O Concello de Portas espera contar con PXOM para 2012

    pxom_portas100.jpgPORTAS> Despois de tres intentos errados, o Concello de Portas volve a retomar a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

    {flowplayer}images/salnes/PXOM_PORTAS.flv{/flowplayer}

    PORTAS> O alcalde de Portas, Roberto Vázquez, e representantes da empresa OAU (Oficina de Arquitectura, Urbanismo e Planificación Sociedade Limitada Profesional) firmaron esta mañá o contrato administrativo para elaborar o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

    Este é o cuarto intento de Portas para contar cun plan urbanístico. De momento, as actuacións réxense polas normas de 1992. O equipo redactor deberá ter listo o documento no prazo dun ano para a súa aprobación inicial polo pleno.

    Tralas exposicións públicas correspondentes e os diferentes informes da Xunta, Concello e empresa esperan ter o PXOM aprobado definitivamente para 2012. Na súa redacción tratarase de implicar ós veciños.

    A xunta de goberno local adxudicou o pasado 22 de decembro o contrato de servizos para a redacción do plan de urbanismo. O prezo da adxudicación foi de 90.000 euros e o Concello contou cunha subvención da Consellería de Política Territorial.

    Redacción Salnés