A memoria anual da policía reflexa un notable descenso dos accidentes

    memoriapolicia_100_170309.jpgRIBEIRA> A Policía Local de Ribeira presentou a súa memoria de actividades correspondente ó ano 2008.

    {flowplayer}barbanza/memoriapolicia.flv{/flowplayer}

    O balance anual feito público pola policía municipal de Ribeira pon de manifesto a efectividade da labor deste corpo que continúa na mesma liña que en anos anteriores. A nota máis positiva do informe é o notable descenso de accidentes de tráfico que se reducen con respecto ó 2007, pasando de 404 a 358 sinistros. En todos eles, tan só se rexIstrou unha vítima mortal e setenta e un feridos.

    Con respecto a outro tipo de actuacións relacionadas coa seguridade cidadá, a policía rexistrou unha actividade similar a dos últimos anos. As principais detencións refírense a delitos contra a seguridade vial, roubos ou furtos, agresións, maltrato no ámbito familiar ou desorde pública.

    A memoria tamén recolle datos sobre os procedementos sancionadores ou tarefas administrativas que desenvolven os axentes que se manteñen con respecto a anos anteriores.

    Redacción Barbanza