Pais do CEIP Santa María do Castro reclaman a xornada única

    xornadaunicacolexiocastro_100_170309.jpgBOIRO> Esta mañá concentráronse ás portas da casa consistorial boiresa esixindo este cambio para o vindeiro curso escolar.

    {flowplayer}barbanza/xornadaunicacolexiocastro.flv{/flowplayer}

    Fartos de que a Consellería de Educación non teña en conta as súas solicitudes, os pais do CEIP Santa María do Castro, decidiron emprender unha serie de mobilizacións de cara a conseguir a implantación no centro da xornada única. A súa reivindicación non é nova e remóntase a máis de dez anos.

    Apoio maioritario

    A finais do pasado mes de febreiro celebráronse no centro educativo unhas novas votacións para saber se os pais querían ou non a xornada única. O resultado non puido ser máis aplastante. Dos 108 votos emitidos, noventa estaban a favor do cambio de horario e tan só 18 amosábanse contrarios.

    Esta mañá como medida de presión non enviaron ós seus fillos ó colexio e concentráronse diante da casa consistorial. Unha acción que teñen previsto repetir nos próximos días.

    Apoio concello

    Na súa loita os pais contan co apoio do concello boirés. O alcalde, Xosé Deira, ten previsto manter nos próximos días unha xuntanza co Inspector de Educación da zona, coa finalidade de burcarlle unha solución satisfactoria ó problema.

    Redacción Barbanza