A Mancomunidade presenta unha web de promoción das empresas turísticas

    salnes_a_medida100.jpgCAMBADOS> O Salnés a Medida é unha aplicación que permite crear paquetes vacacionais a medida dos turistas que se acheguen ao Salnés…

    …Os visitantes terán, á súa disposición, información dos recursos existentes na comarca do Salnés e poderán escoller as opcións que máis lle interesen, dende o punto de vista do prezo ou das características dos servizos.

    A Mancomunidade presentou esta ferramenta web na Feira Internacional do Turismo, e dous meses despois da posta en funcionamento, xa hai máis de cen empresas que colgaron as súas ofertas nesta páxina web. Son os empresarios os que deben dirixirse á Mancomunidade para que o seu establecemento apareza nesta aplicación. O Salnés a Medida permite publicitar as ofertas de ocio das empresas, a través de internet, e de balde.

    Coa aplicación O Salnés a Medida, a Mancomunidade acóllese ás novas tendencias de turismo personalizado. O visitante actual contrata as súas vacacións na web e busca alternativas que se acheguen aos seus gustos e inclinacións.

    Os turistas poden acceder a este servizo a través da páxina web da Mancomunidade ou a través das pantallas interactivas situadas nas Oficinas de Turismo do Salnés. Unha vez se accede á páxina web de O Salnés a Medida, a aplicación permite realizar buscas personalizadas, por perfiles, ou mediante a localización de servizos nun mapa da comarca.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/180309_salnes_a_medida.flv{/flowplayer}