Presentada a Basket Cup con Sáez como padriño

saez250_180309.jpgCAMBADOS> A adega Matín Códax, en Cambados, acolleu esta mañá a presentación oficial da Vilagarcía Basket Cup. Un acto ó que asistiron diferentes autoridades entre elas, o Presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luís Sáez, que amosouse moi orgulloso por ser o sucesor de Fernando Romay como padriño do torneo.

{flowplayer}images/salnes/basketcup_180309.flv{/flowplayer} 

A vinte días para que dé comezo a competición, a Vilagarcía Basket Cup 2009 foi presentada hoxe oficialmente. Un torneo que este ano preséntase como o máis atractivo das catorce edicións da súa historia.

Por primeira vez tratarase dun campionato de seleccións, e non de clubes, en categoría sub-18. Este formato repetirase nos anos impares a partir de agora, volvendo ó cadro por equipos nos pares.

España, Rusia, Angola e Alemania estarán no grupo A. Os partidos da selección nacional serán sempre ás 20:00 horas. No Grupo B, loitarán por unha praza na final do domingo, República Checa, Francia, Italia e Nova Zelanda. Ó redor da competición crearase unha auténtica festa do baloncesto, con concurso de mates e triples,e diferentes actuación.

José Luís Sáez amosouse satisfeito polo nivel acadado ata o de agora pola Basket Cup e auguroulle un futuro aínda mellor. O presidente da Federación Española de Baloncesto falou sobre a candidatura de España como sede do Mundial de 2014. De ser escollida na elección de maio, anunciou que non só se van a centrar na organización do Campionato do Mundo, senón que queren converter a España na referencia do baloncesto internacional coa creación de eventos e torneos baloncestísticos ata 2014, onde Vilagarcía tería cabida.

Sen dúbida a gran sorpresa da presentación de hoxe foi a videoconferencia dende Rusia con Jorge Garbajosa. O ala-pivot do Khimki podería e entrar na selección que dispute este verán o Europeo. Sáez referíuse tamén os casos de Fran Vázquez e Pau Gasol; o chantandino podería entrar nos plans de Scariolo mentres que a presencia do de Sant Boi está no aire.

Redacción Salnés