As obras do FIL xa contan coa documentación para ser adxudicadas

    filpobra_100_190309.jpgPOBRA> O concello da Pobra vén de anunciar o inminente comezo das obras incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local.

    {flowplayer}barbanza/filpobra.flv{/flowplayer}

    Segundo informou o alcalde, Isaac Maceiras, tódalas obras xa contan coa documentación en regra para ser adxudicadas nos próximos días. Deste xeito, quixo respostar ás acusacións formuladas dende o PSOE nas que alertaban sobre posibles irregularidades ó iniciar as obras antes da súa adxudicación definitiva. 

    Servizos básicos

    O millón 756 mil euros correspondente ó concello da Pobra no marco do FEIL investirase nas cinco parroquias do concello. En Posmarcos acometerase o abastecemento e saneamento no lugar das Pontes-Hórreo así como no Hórreo. En Santa Cruz, dotarase de saneamento ó lugar de Pedriñas, Rego e a Banda mentres que no Xobre levarase a cabo un dos proexctos máis cuantiosos co abastecemento, saenamento, alumeado e asfaltado da pista dende TorreXunqueiras ata Pontenaveira, por un importe próximo ós 232 mil euros.

    Na parroquia do Deán está proxectada a remodelación e acondicionamento das rúas Xogo da Bola e Tetuán mentres que no Caramiñal procederase á rehabilitación da praza Irmáns Axeitos, a rúa Unión e a urbanización Fraga Iribarne.

    Accesibilidade

    No fondo tamén se inclúe un proxecto para adaptación de vestiarios e almacén de embarcacións do edificio de usos náuticos do Castelo co fin de mellora-la súa accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas.

    Segundo explicou o rexedor local, estes proxectos suporán un importante paso para conseguir o saneamento integral do concello, ó mesmo tempo que se contribúe a dinamizar a economía local.

    Redacción Barbanza