Os proxectos do Fondo Anticrise darán traballo a 55 persoas

    obras_fondo100_190309.jpgVILAGARCÍA> O Concello adxudicou sete novos proxectos dos fondos anticrise, que permitirán empregar a 55 traballadores.

    {flowplayer}images/salnes/FONDOS_ANTICRISE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía adxudicou sete novos proxectos dos fondos anticrise do Estado, que permitirán empregar a 55 traballadores, dos cales 7 serán novas contratacións. En total investiranse 855 mil euros na eliminación de vertidos, acondicionamento de prazas, campos da festa e parques, amais da mellora dunha estrada.

    O proxecto de maior importe, cun orzamento de 205 mil euros é o de eliminación de vertidos na ría de Arousa, e nos ríos Con, Santa Mariña, O Rial, Amproa e Trabanza Badiña. Estas actuacións foron adxudicadas a Espina y Delfín, e precisarán de 15 traballadores, un deles de nova contratación.

    Outros catro proxectos serán para mellorar e crear novas zonas de lecer e espallamento no rural. No campo da festa de Cea, investiranse 100 mil euros, con cinco traballadores, un deles de nova contratación. O mesmo se fará no campo da festa de Trabanca Sardiñeira. Ademais acondicionaranse as prazas da Laxe e Guillán, con 100 mil euros cada unha, dando traballo a 9 persoas na Laxe e a 5 en Guillán, cun contrato de nova creación en cada unha das obras.

    Outro proxecto permitirá dotar á zona de Vilaboa dun parque de nova construción. Nesta obra investiranse 100 mil euros, e precisará da contratación dun novo traballador, amais dos 8 que pon a empresa. O Concello tamén adxudicou a mellora de servizos e pavimentación na estrada da Laxe a Moscallo, unha obra presupostada en 150 mil euros e na que traballarán 4 obreiros, un deles de nova contratación. Os sete proxectos teñen prazos de execución de entre 5 e 6 meses.

    Redacción Salnés