Ravella contrata outro traballador social para axilizar as axudas

    ana_lorenzo100_200309.jpgVILAGARCÍA> Os Servizos Sociais contarán a partir do luns cun quinto traballador social para axilizar a crecente demanda de axudas.

    {flowplayer}images/salnes/SERVIZOS_SOCIAIS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía botou man da Bolsa de Emprego para contratar un quinto traballador social, dada a crecente demanda de axuda por mor da crise.

    Agora os Servizos Sociais contan con 3 unidades de Traballo Social, un técnico de oficina, e este novo, que se dedicará ó programa de inserción social. Preténdese así axilizar a tramitación de expedientes, xa que se xoga en moitos casos con asuntos delicados como a vivenda ou a alimentación.

    Ademais, a Área de Benestar Social presentará a vindeira semana o proxecto de modificación das bases de regulación de axudas de inserción social. Lorenzo afirma que os efectos da crise están a ser devastadores. Un indicador é a solicitude de axudas de insercións social.

    A edil de Benestar Social destacou a colaboración de Servizos Sociais con outros departamentos do Concello para evitar demoras nos expedientes.

    Redacción Salnés