O Céltiga cae co líder dende o punto de penalti

celtiga250_230309.jpgA ILLA> O Compostela superou ó Céltiga no Salvador Otero por 0-2, ambos goles de penalti. Os da Illa sufriron de novo as consecuencias dunha mala actuación arbitral. Remataron o partido con nove xogadores.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_230309.flv{/flowplayer} 

Terceira derrota consecutiva para o Céltiga, e terceira tamén na casa. Nun partido no que o árbitro volveu a ser protagonista, o Compostela soubo levarse os puntos. Faltou o fútbol, sobrou por momentos dureza e non houbo prácticamente ocasións de gol en todo o partido.

Na primiera parte tan só rexistráronse dúas, un para cada equipo. A do Céltiga, de Oscar Blanco, disparo raso e duro que despexou a corner Pablo Castro. A do Compos, nas botas do bigoleador Mariño. Kiko fíxose un lío para atrapar o balón e a piques estivo de custarlle un disgusto ós da Illa.

Na reanudación quixo arriscar un pouquiño máis o Céltiga, que nunha xogada repleta de rebotes puido adiantarse. Pero a partir de ahí chegou o protagonismo arbitral. Alonso Maceira primeiro non víu un posible penalti sobre Manuel, que recibiría cartón amarelo. Cinco minutos despois, no 57, na outra area, Peter déixase caer ante Óscar Blanco. Aquí sí sinala pena máxima e ademais expulsa con dobre amarelo ó defensa local. Mariño, no errou. 0-1.

Se xa con once era complicado atacar a defensa compostelana, con dez foi imposible. Os santiagueses pecháronse ben no seu campo e adicáronse a sair ás contras para intentar machacar o partido. Nunha desas, chegou a sentencia, nunha xogada repleta de calidade. Primeiro no desprazamento en longo de Kinho; despois no control de Pato, e no posterior túnel. Logo, penalti, claro.

Restaban cinco minutos para o noventa e o Céltiga quedábase con nove porque Cardeñosa tamén vía a segunda amarela. Mariño batía a Kiko por segunda vez, nesta ocasión, polo outro lado.

Derrota que deixa ó Céltiga en terra de ninguén, a oito do playoff e a nove do descenso. A semana que ven visitarán con baixas importantes ó Ourense, perseguidor dun Compos que sigue intratable na primeira praza.

Redacción Salnés