A Deputación celebra o domingo o Concurso de Bandas de Pontevedra

bandas100_250309.jpgPONTEVEDRA> O II Concurso de Bandas de Música da zona de Pontevedra celébrase o domingo no Pazo da Cultura.

{flowplayer}images/salnes/250309_certame_bandas_pontevedra.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O II Concurso de Bandas de Música da zona de Pontevedra celébrase o vindeiro domingo 29 de marzo no Pazo da Cultura.

Este certame musical, convocado pola Deputación, comezará ás catro e media da tarde e prolongarase durante o serán ata preto das oito e media, hora na que se procederá á entrega de trofeos. Nesta nova edición participarán un total de seis bandas procedentes de distintos concellos da comarca de Pontevedra.

Cada banda recibirá unha cantidade fixa, de 1.800 euros na sección primeira, 1.500 na segunda e 1.200 na terceira só participar. A estes cartos hai que engadir os correspondentes premios segundo as distintas categorías.

Dado o resultado destes eventos, ós que asiste unha gran cantidade de público mozo, e o éxito de convocatoria de participantes que acada, a Deputación de Pontevedra cre que o futuro das bandas de música está garantido nesta provincia. Porén, o ente provincial inviste un total de 400.000 euros anuais para financiar actividades lectivas musicais en distintos centros, que se ven complementadas con achegas de preto dos 700.000 euros dentro do coñecido como Plan Cultural, e que se destinan, fundamentalmente á subvención de compras de vestiario, de instrumentos musicais ou para a realización de actividades culturais diversas.

Redacción Salnés