Veciños da Illa acampan día e noite para vixilar as obras do Xufre

    illa100_250309.jpgA ILLA> Os veciños da Illa afectados polas obras do vial do Xufre vixilan para que as palas non entren nos seus terreos.

    {flowplayer}images/salnes/250309_acampada_illa.flv{/flowplayer}

    A ILLA> Os veciños da Illa afectados polas obras do vial do Xufre decidiron mobilizarse logo de que onte o encargado das obras lles comunicase que en calquera momento ían comezar a derrubar os edificios que se interpoñen no trazado.

    Este anuncio poñía sobre aviso ós veciños da Illa afectados polo trazado do novo vial do Xufre. Despois dos rumores que se escoitaban a principios de semana sobre o inicio das obras, onte pola tarde xa se achegaban ó lugar varios topógrafos e unha pala. A reacción dos propietarios dos terreos non se fixo esperar. Javier Santiago decidiu acampar na súa finca xunto a Manuel Dios. Os dous están facendo garda día e noite para evitar que comecen as obras. Piden que a actuación se free ata que a xustiza determine se a obra cumpre tódolos requisitos legais.

    A polémica pola construción desta estrada vén de hai preto de dous anos e medio. Por aquel entón o Tribunal Superior de Xustiza decidíu paralizar temporalmente as obras por incumprir unha serie de trámites legais. Desde ese momento os veciños intentaron negociar co goberno da Xunta un trazado alternativo que beneficiase a ámbalas dúas partes. O acordo non chegou e o pasado mes de decembro a consellería de Política Territorial presentaba ante o Tribunal un documento cun novo deseño para a vía. Agora os veciños piden que a empresa encargada das obras non comece a actuación ata que se coñeza a resolución xudicial.

    Redacción Salnés