Primeiro matchball do Extrugasa ante o San José

baloncesto250_270309.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa afronta mañá o primeiro dos tres matchball que lle quedan ata final de temporada. As vilagarciáns loitarán pola victoria en León, ante o San José, pista na que nunca gañaron pero onde intentarán facelo nesta ocasión porque a permanencia depende de elo.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_270309.flv{/flowplayer} 

Chegamos ó tramo final. O feito, feito está, e xa non hai volta atrás. O Extrugasa debe  intentar dar a sorpresa nun dos tres encontros que quedan ata o remate de liga. Se non o fai, descenderá; se gaña un, habería que estar pendente do resto de rivais; con dúas, salvaríase seguro.

O problema é que mañá visitan a cancha do quinto clasificado, o día 8 reciben ó segundo e pechan a temporada na pista do líder. Se cadra o partido máis accesible podería ser o de mañá ante o San José, se ben é certo que é o equipo máis se xoga do tres.

As leonesas están a loitar po meterse no playoff polo título e non regalarán nada. No bando das vilagarciáns, a necesidade é imperiosa, pero o que quere o seu técnico Tito Díaz, é deixar dunha vez por todas a presión e a ansiedade no vestiario.

O técnico lucense sabe do potencial do seu rival. Un equipo forte, alto, experto cun gran xogo interior con pivots como Cindy Lima, Lucila Pascua ou Paula Seguí, e que ademais conta coa máxima anotadora da competición Eshaya Murphy. As posibilidades do Extrugasa pasarán por intentar levar o partido a un ritmo alto.

No cadro vilagarcián todas están a disposición de Tito Díaz. Iziane Castro non adestrou nin o martes nin o mércores por unha sobrecarga pero sí que o fixo onte e estará co resto en León.

Redacción Salnés