Catoira deseña un proxecto de inserción laboral

    insercion_laboral_catoira100.jpgCATOIRA> O Concello deseñou un proxecto integrado de fomento da inserción laboral, valorado en 112.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/INSERCION_LABORAL_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    CATOIRA> O peche de Cedonosa deixou na rúa a 83 persoas. Para o Concello esta é unha cifra desorbitada nun municipio de 3.500 habitantes. Engade ademais o goberno local que desas 83 persoas, 30 son mulleres cunha idade media de 45 anos. A meirande parte destes traballadores son persoas cun nivel de estudos e de cualificación básicos, polo que o Concello cre que urxe unha recualificación para a súa reinserción no mercado laboral.

    Por iso, o goberno catoirés decidiu solicitar á Consellería de Traballo a súa colaboración para por en marcha un plan de actuación. O que se pretende é ensaiar unha fórmula experimental de accións integradas dirixidas á inserción laboral de desempregados, a través da formación, orientación e asesoramento, formación e práctica laboral, incidindo nos novos xacementos de emprego.

    A duración do proxecto será de un ano, entre o vindeiro 1 de maio e o 30 de abril de 2010. O proxecto desenvolverase en Catoira e nos concellos da zona norte do Pacto Territorial do Emprego do Salnés, dependentes das oficina do INEM de Vilagarcía. Incidirá sobre todo nos sectores de industria e servizos, cunha formación axeitada e que atenda ás verdadeiras necesidades do tecido empresarial da zona. En total, atenderá a 40 desempregados e está presupostado en 112 mil euros.

    Redacción Salnés