Os viños das Rías Baixas apostan polo mercado xaponés

    seminario_vino_100_300309.jpgPONTEVEDRA> 25 adegas participan nun seminario sobre o sector vinícola no país asiático.

    {flowplayer}images/salnes/300309_seminario_vino.flv{/flowplayer}

    Para a Denominación de Orixe Rías Baixas o mercado xaponés non é un descoñecido. Nestes momentos 24 adegas exportan os seus viños ó país asiático, unhas relacións comerciais que comezaron hai preto de once anos. Ó longo deste tempo o nivel de vendas foi incrementando de xeito paulatino, pasando de exportar uns dous mil litros no 1997 ós case 35.000 do ano pasado. Segundo o xerente do Consello Regulador, Ramón Huidobro, a gran vantaxe deste mercado é a súa estabilidade, xa que aínda que non exportan grandes volumes, si se revalorizan co paso dos anos.

    No seminario organizado polo Consello Regulador participaron 25 adegas, algunhas xa introducidas no mercado nipón. A entidade pretende con este evento analizar polo miúdo os hábitos dos consumidores xaponeses para que tanto os empresarios que xa exportan alí os seus caldos como novas adegas poidan afinar as súas estratexias comercias.

    En Xapón o viño é unha bebida moderna e bastante descoñecida, xa que se empezou a introducir hai 20 anos. Segundo a analista de mercado da Oficina Económica e Comercial de España en Tokio, Chieko Konaga, o perfil do consumidor xaponés de viño sitúase entre os 20 e os 40 anos de idade, e son as mulleres as que están a liderar a introdución desta bebida no país asiático. O seminario pechouse coa degustación dalgúns dos caldos que máis éxito están a ter no mercado xaponés.

    Redacción Salnés