Arquivada a denuncia contra as propietarias do refuxio de cans de Rianxo

    sentenciacanceirarianxo_100_310309.jpgRIANXO> A Xustiza vén de arquivar a denuncia por maltrato animal presentada contra as propietarias dun refuxio de cans en Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/sentenciacanceirarianxo.flv{/flowplayer}

    En marzo do pasado ano, a Protectora de Animais de Vilargarcía sacaba a luz o estado de insalubridade e amoreamento no que vivían máis de cen cans nun refuxio para animais da parroquia rianxeira de Asados. María Carmen Tubio e a súa nai, responsables das instalacións, eran denunciadas polo Seprona por maltrato animal.

    No mes de xullo do pasado ano recibían a resposta da Xustiza que agora as mulleres queren facer pública. O auto xudicial, que non foi recorrido, as exculpa deste delito.

    A pesar de que a xuíza recoñece que a situación hixénica na que vivían os cans non era a adecuada, non cree que as mulleres actuarán de xeito deliberado. ‘As propietarias do refuxio’, continúa a sentencia, ‘víronse desbordadas pola situación’.

    Secuelas psicolóxicas

    María Carmen mostrou a súa satisfacción por este acto xudicial, pero admite que ainda arrastran os problemas psicolóxicos causados pola presión social e mediática a que se veu sometida durante os días posteriores ao peche da canceira. Asemade, acusa a Xunta de Galicia de non coidar correctamente aos animais durante o tempo que estiveron en corentena no refuxio antes do seu traslado a varias protectoras.

    Agora, María Carmen intenta recuperar a chave e a pechadura da porta do refuxio precintado. Xa remitiu varios escritos ao concello de Rianxo pero aínda non conseguiu o seu obxectivo. Cree que está no seu dereito, dado que as instalacións son da súa propiedade e ao non poder facer uso delas teme que se deterioren co paso do tempo.

    Redacción Barbanza