Gonzalo Durán rompe a unanimidade do pleno no punto do Pazo de Baión

    pleno_vilanova100.jpgVILANOVA> O alcalde rompeu a unanimidade do pleno ó absterse na recualificación de fincas singulares.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova rompeu a unanimidade do pleno ó absterse á hora de votar a modificación das normas subsidiarias de fincas singulares. Un punto que beneficia, entre outros, á propiedade do Pazo de Baión, que a adega Condes de Albarei pretende converter nun referente do enoturismo en Galicia.

    O debate abriuno o BNG e foi precisamente a intervención da portavoz Carmela Alfonso o que desatou o enfado do alcalde. A edil nacionalista insinuou que se trataba de modificar a catalogación urbanística das fincas singulares porque unha propiedade da nai do alcalde tamén o é.

    A pesar do enfado do rexedor, os seus compañeiros de grupo recapacitaron o sentido do seu voto e decidiron, ó igual que os edís do PSOE e BNG, apoiar a recualificación de terreos nas fincas singulares, como a do Pazo de Baión. Gonzalo Durán non recuou e abstívose.

    No pleno de onte tamén se falou do irmanamento de Vilanova coa Pobra a través dos seus vínculos con Valle Inclán. O punto só tivo o visto bo do PP, o PSOE votou en contra, e o BNG abstívose.

    Redacción Salnés