Canal Rías Baixas

O Interrías cede dous puntos na pista do Redondela

SALNÉS> Na derradeira xornada disputada na Primeira Nacional B destacou o tropezo do líder Viajes Interrías en Redondela. Sí que gañou o Grupo Junquera aínda que tivo que sufrilo ante o Pontenova.

Fontecarmoa acolleu un dos mellores partidos desta temporada, entre Grupo Junquera e Sperti Pontenova. Os dous equipos xogaron con moitísima intensidade e agresividade en busca da victoria que ó final caería do lado dos vilagarciáns.

O ritmo de xogo, como é habitual, levouno o Junquera, que por mediación de Fran adiantouse no marcador mediada a primeira metade. As ocasións dos locais sucedéronse e así chegou o 2-0 xusto antes do descanso.

Tralo paso polos vestiarios, e despois duns minutos de alternativas, a oito para o final o marcador reflectía un favorable 4-1 para os de Juancar que semellaba ser definitivo. Pero o Pontenova non se deu por vencido, aproveitou os erros do Junquera e acadou o empate no derradeiro minuto.

O que non agardaban era o último arreón dos vilagarciáns que a falta de 20 segundos para o remate roubaron un balón en media cancha e fixeron o definitivo 5-4 por mediación de Marcos. Tres puntos importantes que quedaron en Fontecarmoa para un Junquera que continúa cuarto, a dous puntos do Caloto e que a semana que ven xogarán na pista do seu perseguidor, o Esteo.

O Viajes Interrías picou incomprensiblemente na súa visita o Redondela (1-1). A diferencia na clasificación entre uns e outros preveía un partido plácido para os portonoveses. Sí que o foi, porque dominaron de principio a fin, pero nunca no marcador. Chegaron a estrellar nove balóns ós paus, e só Chelito na segunda metade foi quen de batir ó meta local cando estes xa gañaban por 1-0.

Pese á falta de efectividade que propiciou o empate, continúan líderes aínda que agora empatados co Cesuras, que conta eso sí, cun partido máis xogado.

Redacción Salnés

Exit mobile version