A ANPA do IES Cabanillas inaugura a ruta cicloturista

ruta_cicloturista_cabanillas100.jpgCAMBADOS> Neste Ano Cabanillas, outro xeito de achegarse ó poeta cambadés é coñecer os paisaxes que inspiraron a súa obra.

{flowplayer}images/salnes/RUTA_CICLOTURISTA_CABANILLAS.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> Neste Ano Cabanillas, outro xeito de achegarse ó poeta cambadés é coñecer os paisaxes que inspiraron a súa obra.

Isto pensaron os responsables da ANPA do Instituto Ramón Cabanillas á hora de organizar unha ruta cicloturista. Trátase dun percorrido en bicicleta no que, ademais de amosar valores como o respecto á natureza e a gran diversidade de aves deste entorno se dá a coñecer a figura de Cabanillas. Na actividade tamén colabora o Concello de Cambados, que lles achegou os prismáticos para poder observar as aves.

Un grupo de alumnos do instituto xa estrearon hoxe esta ruta, saíndo de xeito simbólico do centro. Pero para o público en xeral, a actividade comeza este domingo ás dez da mañá, partindo do paseo da Calzada. De aí vaise polo monte da Pastora, Monterrei, a desembocadura do río Umia, en Espiñeiro, polo paseo marítimo e rematando no Pombal, ou no Museo de Cabanillas. Será un percorrido dunhas 2-3 horas con diversas paradas para recitar os versos do poeta da raza.

Se lle apetece pasar unha mañá de domingo entre aves e poemas de Cabanillas pode inscribirse no teléfono 986 52 00 08 ou acudir persoalmente ó Centro socio cultural da Mercé. Os grupos terán un máximo de 15 persoas.

Redacción Salnés