Canal Rías Baixas

A Basket Cup Base batirá records de participación

VILAGARCÍA> A sete días para que comece o espectáculo da Vilagarcía Basket Cup a organización ultima detalles para que este todo listo para o 9-A, incluído o torneo para categorías base, que este ano batirá records de participación.

A Vilagarcia Basket Cup Base Caixanova segue rompendo records. Na terceira edición do torneo paralelo para as categorías minibasket, alevín e infantil, un total de 147 conxuntos de Galicia e Portugal competirán en Fexdega, emulando ás futuras estrelas coas que convivirán durante catro días.

Ó redor 1.900 participantes acudirán ó torneo de base, que ante a enorme aceptación que está a ter entre os clubes de Galicia e Portugal, constrúe unha quinta pista de goma dentro da instalación de Fexdega, unha máis que o ano pasado.

Ademais, no Vilagarcía Arena haberá máis novedades nesta edición. Vanse incluír unha serie de cambios como son a incorporación de vallas publicitarias electrónicas como as que se ven nos encontros de ACB ou nos campos de fútbol, dándolle maior relevancia á publicidade de cara ó público e ás retransmisións de televisión.

Outro dos cambios máis destacados é que o graderío principal vai ter una altura de sete metros e contará 25 filas, no canto das 19 que tiña na edición do 2008. Só nesa bancada poderán ubicarse 1.400 afeccionados.

Os equipos irán chegando pouco pouco ó longo desta semana. Os primeiros en facelo serán os de Angola e Nova Zelanda, que mediranse a modo de toma de contacto este martes, no Torneo Concello do Grove, a partires das 20:00.

Por outra banda, o comité organizador da Vilagarcia Basket Cup xa ten decididos os premios que outorga cada ano. Nesta ocasión, o galardón ó xogador de lenda recaerá en Francisco Díaz, ex do Club Baloncesto Vilagarcia ou Santa Clara de Vigo, entre outros. No apartado directivo, o premio é para José Rodríguez, persoa que leva moitos anos trallando polo impulso do baloncesto en Cesures.  Maite Méndez, adestradora do Arxil de Pontevedra, será distinguida coma mellor técnico.

Redacción Salnés

Exit mobile version