Cambados vestirase de época para ver ‘A man da Santiña’

teatro_cabanillas100.jpgCAMBADOS> A Xuventude acolle o día 22 a representación teatral ‘A man da Santiña’, de Cabanillas, 90 anos despois do seu estreo.

{flowplayer}images/salnes/teatro_cabanillas.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> Entre os actos organizados polo Concello de Cambados para conmemorar o Ano Cabanillas, o día 22 vaise por en escena a obra de teatro, ‘A man da Santiña’.

A representación coincide co 90 aniversario do estreo desta peza, que se puxo en escena por primeira vez o 22 de abril do ano 1919, no pavillón Lino, de A Coruña. E que supuxo un antes e un despois, na historia do teatro galego. ‘A man da Santiña’ está considerada unha das grandes pezas da historia da literatura galega. Por primeira vez, os personaxes que protagonizan esta peza teatral falan en galego, dende o máis humilde ata o máis destacado. Esta característica fai que Cabanillas estea considerado como un dos pais do teatro en galego. Un dato que o concello de Cambados tivo en conta á hora de organizar este acto cultural.

‘A man da santiña’ vaise representar o 22 de abril no Auditorio da Xuventude. A posta en escena vaise levar a cabo mediante a lectura do texto, da que se encargará o actor Evaristo Calvo. O discurso irá acompañado pola proxección dunha fotomontaxe, elaborada por Kiko Álvarez, bisneto do autor. O concello pídelle ao público asistente que vaia ataviado con vestimenta de época, característica dos anos 20. Para recordar aquel día do ano 1919, no que se estreou a obra de Cabanillas.

A entrada para acudir a este espectáculo é de balde é pódese recoller na casa da Cultura de Cambados, a partires da vindeira semana. O aforo é limitado polo que se recomenda que solo retiren a súa entrada aquelas persoas que teñan pensado acudir, á representación.

Redacción Salnés