Cruce de acusacións entre PP e PSOE polas obras no Camiño Real

    acusacionsribeirina_100_020409.jpgPOBRA> O inicio das obras no Camiño Real, na Ribeiriña, para evitar o risco de derrubamento supuxo unha gran satisfacción para os veciños deste núcleo.

    {flowplayer}barbanza/acusacionsribeirina.flv{/flowplayer}

    Sen embargo, a cuestión segue sendo motivo de enfrontamento político entre o PSOE e o PP. A gota que colmou o vaso, segundo os socialistas, foi o voto en contra do Partido Popular á moción proposta polos socialistas que se debateu no pleno do pasado xoves, e que xa se presentara no mes de febreiro, solicitando que se realizaran as xestións pertinentes para a execución dun muro de contención e outras melloras na zona.

    Dende o PSOE pobrés non entenden a oposición do goberno local a esta obra que virá a mellorar a calidade de vida duns veciños que, din, estiveron abandonados ata o de agora polo concello.

    Presión veciñal

    Dende o PsdeG consideran que a obra se levou a cabo grazas á xestión dos propios veciños que presionaron mesmo ó xefe da Demarcación de Costas para asumir esta actuación. Por isto, tanto os representantes da agrupación da Pobra como o deputado autonómico, Xosé Manuel Lage, reuníronse cos afectados e lles fixeron chegar unha mensaxe de tranquilidade insistindo en que os traballos seguirán adiante a pesar de que o PP desbotase a moción dos socialistas.

    Mentres tanto, en medio deste cruce de acusacións políticas están os veciños que afirman sentirse moi satisfeitos de que por fin foran atendidas as súas reivindicacións, independentemente de que administración sexa a encargada de financia-las obras. Sen embargo, non entenden o rexeitamento do goberno a unha actuación tan necesaria.

    Aclaracións

    Pola súa banda, o alcalde Isaac Maceiras quixo respostar ás acusacións dos socialistas afirmando que dende o goberno non se opoñen á obra, senón todo o contrario xa que están moi satisfeitos e moi agradecidos a Costas por ter asumido a súa financiación.

    Maceiras explicou os motivos que levaron o seu grupo a desbotar a moción dos socialistas, que nada teñen que ver coa oposición á actuación na Ribeiriña senón que se refería á sua financiación que debe correr a cargo de Costas.