Feijoo presenta a súa candidatura para presidir o PPdeG

    feijoo100.jpgPONTEVEDRA> O actual presidente do PPdeG aposta polo relevo xeracional, no partido.

    Alberto Núñez Feijoo reuniuse o venres cos militantes do partido en Pontevedra para presentarlle a súa candidatura de cara ao congreso rexional que se celebra o vindeiro 9 de maio, na Coruña. Núñez Feijoo presentou as súas propostas para liderar o PPdeG, tres anos máis.

    Para Alberto Núñez Feijoo a renovación é a clave para ter un partido forte que gañe as eleccións e que conte cos apoios da cidadanía. A aposta polo relevo xeracional é unha das propostas do actual presidente do PP deG se lidera o Partido Popular en Galicia no período 2009-2012.

    Hai tres anos que Núñez Feijoo se estrenou como candidato a presidir o PPdeG. Agora volve a presentarse coas mesmas gañas e ilusión. Aínda que suma outra consigna, a de superarse, tralo éxito electoral nos comicios autonómicos. Núñez Feijoo asegura que queda moito traballo por facer. A carreira polo goberno galego rematou pero agora quedan outros retos para o PPdeG.

    Feijoo compatibilizará, nos vindeiros días, a toma de posesión no Goberno na Xunta de Galicia coa presentación da súa candidatura ante os afiliados das catro provincias galegas.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/030409_feijoo_en_pontevedra.flv{/flowplayer}