A pegada do líder fulmina a un Portonovo que volve ó descenso

portonovo250_060409.jpgSANXENXO> O Portonovo non puido co líder. O Compostela levouse os puntos despois de vencer por 0-3 e amosar unha vez máis a súa tremenda pegada. Os de Marcos Canle caen a postos de descenso tras verse perxudicados pola victoria do Arousa.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_060409.flv{/flowplayer} 

O Portonovo tivo as súas opcións pero sucumbíu ante a forza implacable do líder. Pronto poríanselle complicadas as cousas. Na primeira entrada de Vladimir pola banda deretia o extremo guineano foi derribado dentro do área. O árbitro non o dubidou, sinalou penalti e Miguel Centrón puxo o 0-1 ós 14 minutos.

O encontro puido cambiar á media hora. Úbeda e Pato engancháronse nunha xogada e Brea Peón fixo reparto de amarelas. Como o arxentino xa tiña unha, foise á ducha. Puido aproveitalo o Portonovo, pero o propio Úbeda, tomou o mesmo camiño cinco minutos despois tras un rifi-rafe co banquiño compostelanista.

Neses derradeiros intres da primeira metade chegaron os mellores minutos dos locais, que tiveron opcións de igualar cun lanzamento de Tinaia e cunha internada de Castilla, que puxo o balón ó corazón da área ó que non puido chegar Curiel.

O dominio local proseguíu tralo paso polos vestiarios. Miguel non puido decidir ante Pablo Castro e Tinaia, mandouna alta. O caboverdiano tivo que retirarse xusto despois lesionado.

Pero o que non perdou foi o Compos. O líder pechouse ben e cazou unha contra que lle deu a sentencia a dez para o remate por mediación de Rego. E xa no 90′, Peque culminaba unha boa xogada colectiva para poñer un 0-3 excesivo que lle asegura ós santiagueses o playoff e que mete ó Portonovo outra vez en postos de descenso.

O AROUSA VOLVE A SITUARSE EN POSTOS DE SALVACIÓN

O Portonovo cae a postos de descenso dos que sae o Arousa, que onte venceu por 2-4 en Verín, un partido do que se lembrarán os xogadores toda a súa vida, non só pola victoria senón pola auténtica odisea que viviron na viaxe. Avariouse o autobús a medio camiño, tiveron que retrasar por ese motivo media hora o encontro e desprazarse ata Verín en cinco taxis, un deles incluso perdeuse e colleu camiño a Portugal. Equivocáronse de equipación e víronse obrigados a xogar coa segunda do conxunto ourensán. Pese a todo, xa gañaban no primeiro minuto de xogo grazas a un gol de Luis Alberto, á media hora mandaban por 0-3 e aínda que o Verín reaccionou e colocouse 2-3 ó descanso, o Arousa aguantou ben na segunda metade e certificou a victoria a tres para o remate cun gol de penalti de Hugo Soto que os mantén con dous puntos de marxe co descenso.

O que se complica un pouco a vida é o Vilalonga que caeu no Vao ante o Coruxo por 2-0 e aínda que a súa situación non é preocupante podería selo sen non reacciona nas próximas semanas. Onte perdoáronlle-la vida ós vigueses, incluso Pablo Pillado errou un penalti con 0-0 no marcador. Os locais aproveitaron as dúas que tiveron e no tramo final do encontro fixeron os dous tantos.

Redacción Salnés