A Primitiva deixa cen mil euros en Aguiño

    primitivaaguino_100_060409.jpgRIBEIRA> Unha vez máis a sorte volveu acompañar ó Barbanza. O sorteo da Primitiva celebrado o sábado deixou preto de cen mil euros en Aguiño.

    {flowplayer}barbanza/primitivaaguino.flv{/flowplayer}

    A combinación formada polos números 2, 19, 28, 32, 37, 40 e complementario 6, gañadora no sorteo do sábado da primitiva, non contou con ningún acertante de primeira categoría.

    Sen embargo, si houbo seis afortunados posuidores dun boleto con cinco acertos e complementario que recibirán un premio de 99.652 euros. Un deles de Aguiño. A sorte volveu poñerse de lado desta parroquia ribeiresa e máis concretamente do bar Cruce, onde se selou o boleto.

    Boa racha

    Os seus propietarios amosáronse moi satisfeitos con este novo premio que, aínda que non tan cuantioso como o entregado hai menos dun ano de millón e medio de euros, vén continuar coa boa racha das apostas que se realizan nesta cafetería, emprezada na carretera xeral de Aguiño.

    Polo momento descoñécese a identidade do afortunado gañador aínda que todo apunta a que se trata dun veciño da localidade que, de seguro, estará ben satisfeito con esta axuda tan necesaria nos tempos de crise que corren.

    Así que xa saben, se queren probar sorte non teñen máis que achegarse a este establecemento tocado pola deusa fortuna para formular as súas apostas. Ademais a partir de agora, os boletos poden selarse ata as once e media da noite e non ata as nove como se viña facendo na actualidade.

    Redacción Barbanza