Máis de 12.000 persoas visitaron a V Feira do Automóbil Antigo e Ocasión

    feira_automobil_2_copia.jpgPONTECESURES> Un corvette Stingary de 1964, un jaguar do 54b valorado en 100.000 euros ou unha réplica do fórmula I de Fernando Alonso, entre as reliquias.

    Ás 10 da mañá do sábado inaugurouse a V edición da mostra de automóbiles que se instalou na zona do peirao da Vila Fluvial e que ocupou unha superficie de máis de tres mil metros cadrados. A feira do automóbil contou, nesta edición, cunha unidade móbil da ITV para que os vehículos de máis de 25 anos puideran pasar a revisión. Ás 11 da mañá comezou, de xeito paralelo, a concentración de motos antigas, que concentrou pezas de elevado valor no mercado que están consideradas verdadeiras xoias. A maior afluencia de xente rexistrouse na xornada do domingo. As 10 da mañá de onte abríronse, por segundo día, as portas desta mostra, que se complementou cunha concentración de coches antigos, a partir das 11.

    A edición deste ano foi unha das máis visitadas. Segundo a organización asistiron máis de 12.000 persoas, durante a fin de semana. A enorme afluencia de público provocou retencións e problemas de aparcamento, na entrada a Pontecesures, durante as horas de máis aglomeración.

    As autoridades políticas e académicas que inauguraron a festa da Lamprea achegáronse ata a exposición automobilística onde apreciaron, coma calquera, as reliquias alí expostas.

    OS PREDECESORES DAS FEIRAS DE OCASIÓN 

    A festa do automóbil de Pontecesures está a consolidarse como unha das máis prestixiosas a nivel comarcal e tamén galego. Este evento ten a súa orixe no ano 1925, cando un grupo de veciños da localidade puxeron en marcha a feira do automóbil de ocasión, para vender os vehículos de segunda man. Que está considerada a primeira feira destas características que se celebra en España.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/060409_inauguracion_festa_automobil.flv{/flowplayer}