Miguel Cobas salva un punto para o Céltiga no minuto 94

celtiga250_060409.jpgILLA> Céltiga e Somozas deixaron o espectáculo para o final. Cata, de penalti, adiantou ós coruñeses no 92′ pero Cobas empatou na última xogada do encontro.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_060409.flv{/flowplayer} 

Final de tolos o quese vivíu onte no Salvador Otero (1-1). O Céltiga puxo o fútbol e as ocasións pero a piques estivo de perder o encontro senón chega a ser por un testarazo providencial de Cobas cando o partido estaba na prolongación.

Antes, os de Josiño Abalde dominaron a un Somozas que adicouse a defender no seu campo e para intentar cazar algunha contra. Na primeira metade a mellor ocasión tívoa Adrián Camiño nunha falta que sacou con problemas a córner Abraham. O primeiro achegamento dos visitantes non se produciría ata o minuto 42 cun disparo cruzado que saíu a rentes do pau.

Na segunda metade, ós cinco minutos avisaría de novo o Céltiga por mediación de Manuel, pero Abraham volveulle a gañar a partida.

Josiño deu entrada a Fran Matos e Diego Peláez para buscar maior profundidade nas bandas. Nunhas desas Camiño volveu a rozar o gol. O encontro semellaba un monólogo dos da Illa, máis aínda cando a dez para o final Nando era expulsado con vermello directo por unha suposta agresión.

Pero o partido deu un xiro radical na prolongación. No 92′ o árbitro Álvarez Prada sinalou un penalti máis que dubidoso na area local que transformou Cata. Cando semellaba que os puntos ían ser para o Somozas, apareceu Miguel Cobas, no 94′ para reestablecer a igualada e darlle un punto ó Céltiga que racha cunha xeira de catro derrotas consecutivas.

Redacción Salnés