Representantes da FECA e do PPdeG buscan solucións á crise

    feca_100_060409.jpgVILAGARCÍA> Baixar os impostos e remodelar o ICO e o IGAPE son algunhas das propostas da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/060409_feca_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    A xunta directiva da FECA reuniuse en Vilagarcía con representantes do Partido Popular a nivel estatal e autonómico coa fin de presentar as propostas do sector do comercio para enfrontar a crise económica. Reducir os impostos e reformar o Instituto Galego de Promoción Económica así como o de Crédito Oficia é a receita dos empresarios para incentivar a economía e xerar emprego. Segundo esta entidade, os proxectos empresariais avalados polo ICO e o IGAPE non están recibindo crédito das entidades financeiras, o que impide que o sector poida levar a cabo actividades comerciais.

    A proposta presentada pola FECA casa co programa do Partido Popular, ou ó menos así o deron a entender os membros deste partido que asistiron á xuntanza. Á sé da Federación dos Empresarios acudiron as representantes do PP por Pontevedra no Congreso, Ana Pastor e Nava Castro, así como Marta Rodríguez, deputada no Parlamento Galego, e Tomás Fole, presidente do partido en Vilagarcía. A reunión forma parte dunha serie de encontros que as deputadas nacionais veñen mantendo con representantes dos sectores económicos da provincia de Pontevedra. Buscan recoller as súas suxestións para presentalas no Congreso a través de iniciativas parlamentarias.

    Ademais de suxerir solucións xerais á crise, a xunta directiva da FECA tamén plantearon ós populares a necesidade de crear un proxecto sólido para a promoción turística da comarca, ademais de mellorar as vías de comunicación. Os empresarios apostaron pola creación dunha autovía entre Catoira e Vilagarcía, ademais de suxerir que esta cidade forme parte da área metropolitana de Vigo.

    Redacción Salnés