As escapadas de Semana Santa gañan a batalla contra a crise

    viaxesemanasanta_100_08042009.jpgBARBANZA> As axencias de viaxes decidiron tirar de ofertas atractivas para manter a demanda do pasado ano.

    A Semana Santa segue a ser a época das escapadas por excelencia. A temida crise non está a recortar as saídas que durante estas datas adoitan facer milleiros de persoas. Deixar atrás, malia que tan só sexa por uns días as preocupacións do traballo e a vida diaria son as motivacións de aqueles que deciden facer a maleta.

     As axencias de viaxes penduraron o cartel de completo en todos os voos que reservaron para estas vacacións. O destino estrela seguen a ser as illas Canarias. A cercanía e a oferta de sol e praia son a combinación perfecta que moitos escollen para pasar estes días de lecer.

    {flowplayer}barbanza/viaxesemanasanta.flv{/flowplayer}

    Con todo, nas axencias están a notar un incremento significativo das viaxes ás principais capitais europeas. Pero a Semana Santa tamén e unha boa época para as viaxes a destinos máis exóticos. As prazas para o Caribe ou Tailandia esgotáronse aos poucos días de poñerse a venda.

    Descontos importantes

    Malia que en xeral as reservas de viaxes nestas datas non mudaron en relación ao pasado ano, o que si se notou foi un descenso no nivel adquisitivo dos viaxeiros. Por tal motivo, moitas axencias de viaxes apostaron por ofrecer descontos importantes nos destinos habituais como as Illas Canarias, Baleares e o Levante.

     En contra do que se podería creer, os destinos relixiosos, como a visita as cidades de Sevilla ou León para presenciar as maxestuosas procesións non despertan moito interese entre os barbanzáns.

    Aqueles que decidan viaxar no último momento, ainda lles queda a opción de realizar dunha espadada a moitos lugares da xeografía galega. Unha casa de turismo rural ou un balneario seguen a ser un alternativa asequible para estes días.

     Redacción Barbanza