O PP boirés insiste na súa loita contra o vandalismo nocturno

    ppboirorespostavelo_100_080409.jpgBOIRO> O PP vén de saír ó paso das acusacións realizadas por ICBoiro relativas á pasividade dos populares ante a crecente inseguridade cidadá.

    {flowplayer}barbanza/ppboirorespostavelo.flv{/flowplayer}

    Xa o pasado verán, e ante o incremento de actos vandálicos rexistrados durante a movida nocturna, o PP boirés levara a pleno unha moción esixindo o cumprimento estricto da lei con efecto sancionador así como a adopción de medidas organizativas referidas a mellora-la cooperación policial e mesmo á posta en marcha dun operativo especial de vixilancia durante as noites da fin de semana.

    O texto recollía ademais a adopción de medidas preventivas, represivas ou inhabilitadoras para organizar espectáculos e mesmo para acceder ós recintos.

    Resposta ás críticas

    O voceiro dos populares lembra que todas estas medidas foron rexeitadas cons votos en contra de BNG, PSOE pero contaron co apoio de ICBoiro polo que non entende agora as acusacións do portavoz dos independentes, Manuel Velo.

    Os populares lembran ademais que hai tan só un mes xa denunciaron as consecuencias negativas que tería a supresión do alumeado público co consecuente incremento da inseguridade cidadá.

    Neste sentido, acusan ó actual goberno local de pasar por alto, durante anos, as advertencias dos veciños residentes nas zonas da movida, da hostalería, os empresarios, a plataforma Convivencia e os grupos municipais; sen ter ata o momento adoptado ningunha medida para facer fronte a estes problemas de xeito real.

    Redacción Barbanza