A carpintería de ribeira terá novo regulamento a finais de 2009

    xuntanzaagalcari_100_13042009.jpgBOIRO> Agalcari e a Directora Xeral de Promoción Industrial reuníronse para analizar os avances na redacción da norma

    A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) mantivo a derradeira xornada de traballo coa Directora Xeral de Promoción da Consellería de Industria en funcións, Helena Veiguela para estudar o avance do futuro regulamento polo que se rexirá esta actividade industrial.

    O presidente de Agalcari, Xerardo Triñanes e o alcalde de Boiro, Xosé Deira aproveitaron a xuntanza para agradecerlle a Consellería de Industria o seu apoio a hora de poñer en marcha este proxecto.

    {flowplayer}barbanza/xuntanzaagalcari.flv{/flowplayer}

    A finais do ano 2008 a Consellería de Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial, e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira asinaban un acordo para elaborar unha nova normativa da construcción naval en Galicia. Con esta iniciativa, que entre outras cousas, dotará a industria dun selo de calidade e homologará as técnicas da construción de barcos de madeira, búscase poñer en valor a actividade dos carpinteiros de ribeira.

    Agradecementos

    Xerardo Triñanes quixo agradecer a Veiguela o apoio e o interés demostrado para dotar ao sector dunha normativa específica. O presidente de Agalcari avanzou que estanse a cumprir os prazos establecidos no convenio. Na actualidade a normativa atópase en fase de redacción que está a realizar a empresa Isocean.

    Triñanes non teme que o cambio de goberno na Xunta de Galicia supoña un freo ao apoio que están a recibir dende o executivo autonómico. O presidente de Agalcari subliñou que a carpintería de ribeira é unha actividade repetuosa co medio ambiente, fomenta o emprego na comunidade e sigue modelos de producción tradicional polo que sería “un erro” se o novo goberno lle dese as costas.

    Redacción Barbanza