O Céltiga ata a permanencia tras impoñerse ó Verín

celtiga250_130409.jpgILLA> O único dos representantes do Salnés que foi quen de gañar foi o Céltiga que se impuxo pola mínima ó Verín no Salvador Otero. Os da Illa aseguraron case de xeito matemático a permanencia.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_130409.flv{/flowplayer} 

O Céltiga atou prácticamente a súa salvación este domingo. Os da Illa estarán outro ano máis na Terceira salvo catástrofe, xa que agora suman 41 puntos, e teñen once de marxe co descenso a falta de seis partidos.

Onte foron superiores ó Verín e merceron levarse a victoria, sobre todo na primeira metade, na que gozaron de numerosas ocasións como para terse ido ós vestiarios en vantaxe. A máis clara ó pouco de comezar cun remate ó longueiro de Manuel a centro de Fran Matos. O Verín non daba sensación de perigo salvo nas accións a balón parado.

O Céltiga volveu a rozar o gol en dúas accións antes do descanso. A primeira cun testarazo de Diego Peláez que atrapou sen moitos problemas Piollo. O porteiro visitante sí que tivo que empregarse a fondo na seguinte, para sacar de xeito acrobático un remate co calcaño de Victor Uhía.

A primeira metade pechouse cun serio aviso do Verín, de novo nun balón aereo. O longueiro evitou o 0-1.

Na segunda metade o Céltiga seguíu intentándoo ata que chegou por fin ó gol no 57′. Manuel cazou un balón ó borde do área e mandouno ó fondo das redes para poñer o 1-0. Este tanto sería decisivo pese ós intentos á desesperada nos últimos minutos dos de Peluso. Óscar Blanco sacou sobre a mesma liña de gol a mellor ocasións do Verín xa na prolongación.

O Céltiga rompeu cunha xeira de oito xornadas sen gañar e suma tres puntos que lle permitirán afrontar con moita tranquilidade o que resta de liga.

Redacción Salnés