A Garda Civil explica o seu sistema de traballo a varios alcaldes da provincia

    benemrita100.jpgPONTEVEDRA> Trátase de dar a coñecer a atención que presta este corpo nos municipios nos que a seguridade cidadá e viaria dependen da Garda Civil.

    {flowplayer}images/salnes/140409_reunion_garda_civil.flv{/flowplayer} 

    Á primeira das tres reunións que o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, e o coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, Rafael Daza, manterán con varios rexedores da provincia asistiron os alcaldes de Cuntis, Catoira, Moraña, Pontecesures e Valga. Trátase de municipios nos que a Garda Civil ten as competencias de seguridade cidadá e viaria.

    A finalidade destas reunións é dar a coñecer os sistemas de actuación e coordinación da Benemérita. Un dos equipos ós que prestaron especial atención foi ós responsables da seguridade cidadá, por ser o servizo máis demandado e próximo ós veciños. 

    Estes grupos de seguridade cidadá son os encargados de protexer ós bens e ás persoas, ademais de responder de xeito inmediato ás emerxencias. Todos estes equipos actúan de xeito coordinado a través do Centro Operativo Complexo, que engloba a Central Operativa de Servizos e a Central Operativa de Tráfico. Segundo o subdelegado do Goberno, a eficiencia dos corpos e forzas de seguridade cada vez é maior.

    Delfín Fernández asegurou que os niveis de seguridade cidadá en Pontevedra son moi aceptables, a pesar da vaga de roubos en municipios como Valga, Pontecesures ou o asalto desta madrugada a unha vivenda en Nigrán.

    Trala xuntanza desta mañá, o vindeiro martes terá lugar unha nova sesión con outro grupo de rexedores da provincia, para rematar estas entrevistas o día 28 de abril.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/140409_anton_louro_delegado_goberno.flv{/flowplayer}