Nova oleada de actos vandálicos en Boiro

    actosvandalicosboiro_100_140409.jpgBOIRO> Por desgraza esta práctica estase a converter nun feito case habitual nas noites de movida.

    {flowplayer}barbanza/actosvandalicosboiro.flv{/flowplayer}

    Nos últimos meses, fundamentalmente nas noites de fin de semana, vénse experientando un incremento considerable no número de actos vandálicos en Boiro. un feito que está a preocupar as autoridades locais. Na maioría dos casos os ataques dos vándalos diríxense cara o mobiliario urbano, especialmente bancos, papeleiras, árbores ou maceteiros. Como norma xeral os feitos acontecen nas mesmas ubicacións rúas Santos Mieites, Pablo Iglesias, Francisco del Río ou na Avenida da Constitución.

    Cuestión cívica

    Segundo fontes municipais o problema non se solucionaría co incremento da vixilancia nas rúas, senón que se trata dunha cuestión de civismo.

    Custe económico

    A pesar de que os incidentes non supoñen un elevado custe económico para as arcas municipais, o executivo local teme que vaian a máis.

    Redacción Barbanza