Enrique Salgueiro, vencedor da primeira etapa da Volta

ciclismo250_150409.jpgVILAGARCÍA> A VIII Volta a Galicia principiou hoxe en Vilagarcía. Estivemos cos protagonistas antes desa saída da primiera etapa que levou ó pelotón ata A Coruña.

{flowplayer}images/salnes/voltaGalicia_150409.flv{/flowplayer} 

Contras as 13:55 dábase a saída neutralizada en Vilagarcía da VIII Volta a Galicia. 133 corredores de 19 equipos loitan pola victoria dende hoxe. Os grandes protagonistas que centraban tódalas miradas esta mañá na Avenida da Mariña eran o equipo Superfroiz, o rival a batir, actual campión da proba, e sobre todo Javier Gómez Noya, campión mundial de triatlon, que utiliza a carreira como preparación para o sector de bici que ten a súa disciplina.

No Superfroiz mentres tanto mantense a serenidade. Saben que serán do máis vixiados durante estes días e fuxen dos favoritismos.

Nesta primeira tirada de 130 kilómetros o primiero en traspasar a liña de meta foi o corredor do Extremadura-Spiuk Enrique Salgueiro, que se impuxo no sprint ó seu compàñeiro de fuga Jorge Montenegro, do Andalucía-Cajasur. O pelolón principal entrou a 27 segundos, un grupo duns 50 ciclistas entre os que se atopaba Gómez Noya.

Mañá, a etapa raíña A Coruña-Porto do Son con final no Alto da Enxa, de sete kilómetros de lonxitude con rampas de ata o 15% de desnivel.

Redacción Salnés