O concello de Boiro procederá ó peche definitivo de Calizamar

    calizamar_100_150409.jpgBOIRO> Representantes do concello e de Calizas Mariñas mantiveron unha reunión para tratar os problemas ocasionados polos cheiros da factoría Calizamar.

    {flowplayer}barbanza/calizamar.flv{/flowplayer}

    ores remataba o prazo de tres meses dado polo concello de Boiro para que a empresa Calizamar, emprazada no polígono de Espiñeira, acabase cos malos olores xenerados polo procesamento de cuncha de mexillón.

    Por tal motivo, o concello de Boiro convocou unha xuntanza con representantes da factoría, a que tamén asistiu un membro da Comunidade de Montes de Sandrenzo, como representación veciñal. Ao non ter cumprido co compromiso acordado, o concello de Boiro veuse na obriga de comunicarlle a empresa a retirada definitiva do permiso provisional de probas que tiña dende hai catro anos.

    Historial

    Calizamar comezou a funcionar hai seis anos. Ante os continuos malos cheiros e as deficiencias na depuración das augas residuais, o concello de Boiro decidiu retirarlle o permiso tras dous anos de actividade. Malia todo, concedeulle unha autorización para que buscase fórmulas que reconducisen a situación.

    A pesar de que o rexedor boirés non pon en dúbida que se adoptaron medidas na busca de solucións, considera que non foron suficientes.

    Pola súa banda, dende a empresa Calizas Mariñas alegan que a factoría cumpre con todos os parámetros esixidos pola lexislación vixente e que mesmo, foron máis alá do acordado mantendo contactos continuos cos veciños e co concello.

    Accións legais

    Dín que a día de hoxe a meirande parte dos problemas están resoltos, e que os cheiros que se producen son puntais. Engaden que ao tratarse dunha empresa pioneira é lóxico que se atopen dificultades na súa posta en marcha. Por tal motivo, a empresa adoptará as medidas legais que considere oportunas contra esta decisión de peche e na defensa dos seus intereses.

    Redacción Barbanza