Deputación e sector turístico analizan as consecuencias da crise

    turismo100.jpgPONTEVEDRA> Confianza. Isto é para o sector turístico da provincia de Pontevedra o que hai que transmitir á sociedade …

    {flowplayer}images/salnes/turismo.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Confianza. Isto é para o sector turístico da provincia de Pontevedra o que hai que transmitir á sociedade nestes tempos de crise.

    Precisamente para analizar a situación do gremio e avaliar os resultados da Semana Santa, a Deputación celebrou hoxe unha xuntanza de traballo con asociacións do sector. Estas recoñecen que hai medo a gastar e piden ás administracións que transmitan confianza nos turistas. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que porá en marcha en colaboración co sector medidas para potenciar o destino Rías Baixas. E propúxolles celebrar mesas de traballo cada mes.

    Os representantes do sector coincidiron en que para manter ou aumentar os niveis de ocupación é preciso ofrecer alternativas de ocio en datas específicas como Semana Santa, e reclamaron da Deputación un calendario de feiras e eventos. Rafael Louzán comprometeu medidas neste sentido, como por exemplo, reorientar as exposicións do Museo a épocas vacacionais.

    O sector estuda ademais ofertar paquetes de low cost para turistas, con implicación tamén dos sectores comercio e de ocio. Un programa que presentarán en breve á Deputación.

    Redacción Salnés