O concello de Boiro obrigará ó valado das obras inacabadas

    valadoobras_100_170409.jpgBOIRO> O concello publicará unha serie de bandos sobre a necesidade de pechar as obras a medio construír por mor da crise do sector inmobiliario.

    {flowplayer}barbanza/valadoobras.flv{/flowplayer}

    O crecente número de edificios que quedan a medio construír no municipio boirés motivou que o executivo local abordara a necesidade de valar as construcións coa fin de frear o feísmo arquitectónico e garantir a seguridade no entorno destas instalacións.

    Na actualidade, son moitas as obras sen rematar ás que se pode acceder facilmente co consecuente risco que supón. Por elo, o concello emitirá unha serie de bandos informativos e enviará unha circular ás promotras responsables das obras para que atendan esta peticións.

    Minimizar o impacto

    O executivo pretende que as empresas inmobiliarias asuman o peche dos recintos atendendo os criterios da administración de xeito que non causen un impacto demasiado negativo na vila.

    As notificacións faranse efectivas ó longo da próxima semana. No caso de que as empresas non procedan ó peche das instalacións e á retirada da maquinaria, o concello estudará fórmulas para xestionalo directamente con cargo ós propietarios, tal e como acontece cun guindastre instalado en Cabo de Cruz dende hai anos.

    Con esta medida, non só se contribúe a mellora-la imaxe da vila reducindo o impacto destas construcións que afean o seu entorno senón que se evita a alto risco de accidentes que poden derivar destas construcións.

    Redacción Barbanza