Curiel mantén viva a esperanza de salvación en Baltar

portonovo250_200409.jpgSANXENXO> Derrotas de Céltiga e Vilalonga  esta xornada, preocupante sobre todo a dos celestes porque vense inmersos na loita pola salvación. Máis abaixo, o Portonovo continúa en postos de descenso pese á victoria ante o Somozas.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_200409.flv{/flowplayer} 

O Portonovo colleitou tres puntos importantes tras vencer onte pola mínima ó Somozas (1-0). Non foi dos mellores partidos dende a chegada ó banquiño de Marcos Canle, pero souberon sacar o resultado adiante.

As ocasións máis claras na primeira metade foron para os visitantes. A primeira nas botas de Edi, cun remate lonxano que se envelenou tras botar no céspede. Maikel tampouco aproveitaría un man a man con Marcos, que detivo sen problemas o lanzamento.

O Portonovo tentouno con disparos dende fora da área, primeiro Diego Villlaverde, con moita intención, e despois Nacho. A máis clara da primeira metade chegou xusto antes do 45′. Sueiro colocou un balón no corazón do área e Castilla e Marcos non se entenderon para botar fóra o coiro, levando o susto ás bancadas.

O control do xogo na segunda metade continuou a ser do Portonovo aínda que o Somozas, por mediación de Sueiro tivo a primeira nada máis comezar.

Noutra boa xogada colectiva Álex perdonou o 1-0. O pase da morte de Nacho, mandouno directamente fóra. Todo ía apuntando cara un empate sen goles, pero cando o partido entraba xa no seu último cuarto de hora apareceu Curiel para mandar ó fondo das redes un coiro asistido po Álex. O dianteiro vigués deulle tres puntos ó seu equipo pese ó último aviso do Somozas. Unha victoria que os deixa aínda en descenso pero empatados a puntos co Arousa que agora marca a salvación.

DERROTAS DE VILALONGA E CÉLTIGA

O Vilalonga se está a complicar a vida e xa están a tan só catro punto do descenso tras caer onte no Morrazo ante o Alondras por 2-1. Os celestes levaron a iniciativa no xogo pero non foron quen de gañar un partido que se lles puxo moi costa arriba no primeiro cuarto de hora cando recibiron dous goles. Saúl fixo o tanto do Vilalonga xa no tramo final do encontro.

O Céltiga pola súa parte tampouco puido gañar na Fontenla, nun partido de escasa trascendecia. Roberto Feáns fixo o anotou o único tanto do encontro hno 60 ‘que lle deu os puntos ó Santa Comba.

Ademais na Preferente Sur déronse estes resultados: Ribadumia 2 – 2 Cutlural Areas; Unión Grove 1-2 Barco; Sanxenxo 4-3 Ponte Ourense.

Redacción Salnés