O gardamallas do Lalín evita que o Arousa se leve os puntos

arousa250_200409.jpgVILAGARCÍA> O Arousa acadou un punto que lle permite continuar fóra dos postos de descenso pero que ten sabor agridoce. Os vilagarciáns desperdiciaron numerosas ocasións de gol e acabaron perdoándolle a vida a un Lalín no que o mellor foi o seu porteiro Javi López.

{flowplayer}images/salnes/arousa_200409.flv{/flowplayer} 

O gardamallas do Lalín erixíuse como o gran protagonista do encontro do sábado na Lomba (1-1). Javi López botou por terras tódalas oportunidades dos de Pablo Vázquez con paradas inverosímiles, sobre todo no tramo final do partido.

O Arousa mereceu a victoria por xogo e ocasións. Con todo, ós oito minutos de xogo, recibían o primeiro mazazo. Coria, en posición dubidosa, aguantou a tarascada de Marcos e superou a Moncho.

O gol, non minou o ánimo dos locais que tentaron igualar canto antes. Nunha acción de pillería, Padín botou rápido unha falta sobre Alberto pero o centro do lateral non atopou rematador dentro do área. O

 empate chegaría a un minuto para o descanso. O tanto, como non podía ser doutro xeito, foi fabricado por Padín e materializado de xeito excelente polo pichichi da categoría, Hugo Soto.

Tralo paso polos vestiarios, ambos adestradores decidiron arriscar. Acevedo puxo tres xogadores en liña atacante, Vázquez deu entrada a Chño.

A primeira foi dos do Deza. Un balón colgado polo central santiagués Guti, que non tocou ninguén e a piques estivo de darlle un disgusto a parroquia local. Pouco despois, os visitantes reclamaron penalti nunha acción sobre Coira.

A partir de ahí chegou o carrusel de oportunidades locais e a aparición do heroe visitante. Primeiro sacoulle un trallazo a Chiño. Despois unha triple ocasión que desbaratou e pola que deberían facerlle un monumento no Manuel Anxo Cortizo. Nin Miguel, nin Padín, nin Marcos pudieron co meta visitante.

Entre medias, o Lalín deu un susto. Os de Acevedo atópanse cómodos xogando á contra e puideron facer o 1-2 nesta acción, pero Ángel escorouse demasiado e lanzou fóra.

Nos últimos minutos chegaría o arreón final local. Outra triple ocasión; desta volta Marcos, Hugo Soto e Manu Conles. A defensa, baixo paus, evitou que o balón traspasase a liña de gol.

Cando o partido morría, Hugo Soto tivo a última. Típica acción na que o Vilaxoán non soe errar. Javi López, volveulle a gañar a partida.

Un punto máis para o Arousa que sabe a moi pouco, pese a que mantén ós arlequinados fóra do descenso, cos mesmos puntos que o Portonovo.

Redacción Salnés