Os dez conselleiros de Feijoo xuran o seu cargo

    toma_posesion_feijoo100.jpgSANTIAGO> A provincia de Pontevedra achega a metade dos conselleiros da nova Xunta, ademais do presidente Alberto Núñez Feijoo.

    {flowplayer}images/salnes/TOMA_POSESION_FEIJOO.flv{/flowplayer}

    SANTIAGO> A provincia de Pontevedra achega a metade dos conselleiros da nova Xunta, ademais do presidente Alberto Núñez Feijoo.

    O novo mandatario galego presidiu hoxe a toma de posesión dos seus conselleiros e presidiu o primeiro Consello da Xunta. Comeza o traballo, logo da festa que tivo o novo presidente do executivo na praza do Obradoiro. Alberto Núñez Feijoo recibiu un baño de multitudes en Santiago, logo de xurar o cargo de presidente da Xunta. Unhas cinco mil persoas participaron na celebración.

    Na primeira fila estaban as súas dúas familias, a persoal, cos seu pais, Saturnino e Sira, a súa irmá Micaela, a súa sobriña e a súa noiva Carmen Gámir. E a política, co presidente do PP Mariano Rajoy, Esperanza Aguirre, Alberto Ruíz Gallardón, Ana Pastor, e os ex presidentes da Xunta Manuel Fraga e Xerardo Fernández Albor, entre outros.

    Feijoo dedicou o seu discurso a ratificar o contrato asinado con Galicia antes da campaña. No repaso ós seus compromisos, os maiores aplausos foron para o seu propósito de recuperar o consenso sobre o idioma. En total este contrato posúe 14 puntos, que teñen como eixo central a austeridade. Unha sobriedade que trasladou á propia festa da toma de posesión. Recuperou o folclore das gaitas, pero sen excesos, e trouxo a sesenta músicos da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

    OS DEZ DE FEIJOO 

    Tralos actos da investidura, bota a andar a nova Xunta. Hoxe tomaron posesión dos seus cargos os dez conselleiros designados por Alberto Núñez Feijoo. Cinco deles son da provincia de Pontevedra: Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Agustín Hernández, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras; Marta Fernández Currás, titular de Facenda; Javier Guerra, de Economía e Industria, e o meañés Roberto Varela, de Cultura e Turismo.

    O equipo de Feijoo complétase con Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria; Samuel Juárez, de Medio Rural; Pilar Farjas de Sanidade; Beatriz Mato de Traballo e Bienestar, e Rosa Quintana que levará a Consellería do Mar.

    Redacción Salnés