A Xustiza invalida o realoxo de dúas familias de O Vao en Pontecaldelas

    xulgado100.jpgPONTEVEDRA> A sentencia anula os contratos de aluguer feitos polo concello de Poio porque exceden as competencias municipais.

    O luns difundiuse a sentencia emitida polo Xulgado Contencioso Administrativo número dous de Pontevedra. O escrito xudicial anula un dos acordos adoptados polo goberno local de Poio para realoxar a dúas familias, residentes en O Vao, en varios pisos, na parroquia de Caritel, en Pontecaldelas.

    A Xustiza anulou os contratos de aluguer adxudicados polo concello de Poio a estas familias ao considerar que o goberno local se excedeu nas súas competencias. O alcalde de Pontecaldelas mostrouse hoxe satisfeito co resultado xudicial e pide ao alcalde de Poio que non recorra a sentencia.

    O alcalde de Poio reunirase esta semana co alcalde de Pontecaldelas para chegar a un acordo. No caso de que non haxa entendemento entre as dúas administracións locais, Luciano Sobral non descarta recorrer a sentencia xudicial, que invalida o realoxo.

    O concello de Poio dispón de quince días de prazo para recorrer a sentencia xudicial. Polo de agora as familias realoxadas en Caritel continuarán residindo nas vivendas adxudicadas polo concello de Poio, hai un ano, co obxectivo de erradicar o chabolismo e favorecer a integración social, da comunidade xitana.

    UN POLÉMICO REALOXO

    O realoxo de dúas familias de etnia xitana en Caritel está a resultar especialmente conflictiva e xa provocou varios altercados entre os veciños de Pontecaldelas e os novos inquilinos. Algúns residentes en Caritel levan a cabo concentracións periódicas para pedir o traslado destas familias, procedentes do poblado xitano de O Bao.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/210409_xitanos.flv{/flowplayer}