O IES de Carril inaugura a II exposición do Bacharelato Artístico

bacharelato_artistico220409_100.jpgVILAGARCÍA> O Auditorio acolle a segunda exposición Bacharelato Artístico, composta por obras feitas pola alumnos do instituto de Carril.

{flowplayer}images/salnes/bacharelato_artistico220409.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O Auditorio de Vilagarcía acolle desde onte a segunda exposición Bacharelato Artístico, composta por obras feitas pola alumnos do instituto de Carril que cursan esta rama.

Quen se achegue esta semana á sala de exposicións do Auditorio atoparase con pinturas, gravados, e esculturas. Onte á tarde foi a inauguración, na que participaron varios edís da corporación municipal, ademais do director do instituto Augusto Guedes e do xefe do Seminario de Debuxo Ciro Sánchez. Os que se achegaron á mostra marcharon cunha pegada de carmín na meixela. Na inauguración, cinco alumnas fixeron unha performance e dedicáronse a dar bicos ós convidados.

Esta é a segunda vez que os alumnos do Bacharelato Artístico de Carril amosan os seus traballos nunha exposición. Precisamente, o instituto carrilexo é o único do Salnés que ofrece esta especialidade de arte no Ensino Secundario e con esta mostra pretende ofrecer un escaparate do traballo dos alumnos, ó tempo que busca novos estudantes. Os profesores desta rama aseguran que varios dos seus alumnos xa están exercendo a súa profesión no ámbito do deseño, as belas artes, o mundo da imaxe ou en empresas audiovisuais.

Redacción Salnés