Blanco realiza a súa primeira visita institucional como ministro a Pontevedra

    blanco_100.jpgPONTEVEDRA> O novo Ministro de Fomento, José Blanco, asinou esta tarde en Pontevedra un convenio de colaboración co Concello para a…

    {flowplayer}images/salnes/240409_convenio_fomento_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … racionalización e mellora da rede de estradas do Estado neste termo municipal. Este acordo vai a supoñer a inversión de case 24 millóns de euros en varias actuacións que virán a modernizar os accesos en Pontevedra e a mellorar o entorno urbano da cidade con novas rúas debidamente acondicionadas; o que vai a reverter directamente na mellora da seguridade viaria e da mobilidade no núcleo urbán.

    O alcalde pontevedrés non ocultou a súa satisfacción ante a sinatura deste convenio, que supón dixo, un exemplo a seguir de colaboración institucional.

    José Blanco aproveitou esta primeira visita institucional para comprometerse ca mellora da alta velocidade a Galicia, ratificando o cambio de trazado do AVE galego.Éste anunciou chegada precisamente hoxe, data na que se completou a construcción do viaducto do Deza, que supuxo unha inversión de case 79 millóns de euros, que servirán para adiantar a chegada da Alta Velocidade a nosa comunidade.

    Redacción Salnés