O BNG pide que se amplíe a oferta formativa da Escola Náutica de Ribeira

    bngescolanautica_100_240409.jpgRIBEIRA> O BNG insta á Consellería do Mar a que homologue a Escola Náutico Pesqueira para a obtención de títulos de embarcacións de lecer.

    {flowplayer}barbanza/bngescolanautica.flv{/flowplayer}

    Para o edil do BNG, Luís Teira, non se entende como en Ribeira, onde existe unha Escola Náutico Pesqueira de primeiro nivel dependente da Consellaría do Mar, na que se forman profesionais do mar do ámbito pesqueiro, tanto de máquinas como de ponte, non se poden desenvolve-las probas para patrón de navegación básica ou para o de patrón de embarcacións de lecer.

    Segundo el estas probas son por libre e non hai un curso específico na escola ribeiresa para formar ó alumnado. Aínda así, e unha vez que supera este exame teórico debe realizarse un exame práctico nun barco coas características axeitadas a cada titulación e lamentablemente na escola tampouco se conta con embarcacións axeitadas para que o alumnado poida examinarse da parte práctica desta titulación.

    Por iso, dende o BNG reclaman que se dote a esta instalación do persoal e o material necesarios para poder realizar estas prácticas.

    Redacción Barbanza