O Lectoriño levará ós nenos de viaxe por Libri Terrae

lectorino100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía pecha este mes do libro co Lectoriño. A semana que vén, desde o luns ata o xoves, o Auditorio

{flowplayer}images/salnes/LECTORINO.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía pecha este mes do libro co Lectoriño.

A semana que vén, desde o luns ata o xoves, o Auditorio Municipal acollerá a sala de lectura de sempre, pero tamén un recuncho de xogos moi especial, o Libri Terrae. É a principal novidade este ano e, segundo o Concello, será un grande atractivo para os cativos.

Ademais de coñecer a personaxes máxicas, como o príncipe Lectoriño ou a princesa Leonor, os nenos tamén farán rutas imaxinarias por Libri Terrae. Irán por Vila Grafía, pola Cova da Memoria, o Lago das Palabras ou a Granxa das Sílabas. Será o que lles espere polas tardes, a partir das cinco e media da tarde na Sala de Conferencias. Alí xogarán cos contos clásicos e preparanse para vivir no mundo dos libros.

O Lectoriño clausurarase o xoves ás oito e media da tarde co espectáculo Os Barballocas. Conta a historia de catro heroes salvadores da lingua galega, con monicreques de luvas, música e danza tradicional.

Redacción Salnés