O Portonovo chega ó derbi máis necesitado que o Céltiga

celtiga250_240409.jpgSALNÉS> Ben é certo que os da Illa teñen prácticamente asegurada a permanencia pero non por elo sairán máis relaxados. No outro bando, o partido é vital para os de Baltar.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_240409.flv{/flowplayer} 

O Portonovo desprázase ata Illa coa intención de acadar unha victoria que lles permita saír dos postos de descenso. Enfronte, un Céltiga con 41 puntos, a un paso de asegurar matemáticamente a súa salvación. No Salvador Otero non queren oÍr falar de relaxación e prevén un partido moi físico e competido.

Abalde incidíulles esta semana ós seus xogadores na importancia de saltar ó campo motivados e cunha gran intensidade defensiva. Queren brindarlle un bo tramo final de temporada a súa afección despois de ter asinado unha segunda volta bastante irregular.

Iso será o que tentará evitar o Portonovo. O seu técnico cree que unha das claves do derbi estará na efectividade de cara a portería.

Nacho e Úbeda son os únicos xogadores cos que non poderá contar Marcos Canle, ambos sancionados. Mentres, Josiño perde a Nacho e Taja en mediocampo e conta coa dúbida de Beni, que arrastra problemas nos aductores.

Seis veces enfrontáronse na Terceira Céltiga e Portonovo con balance de tres victorias para os locais, dous empates e unha única victoria visitante.

Redacción Salnés