Manuel Vázquez é o novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

    psoe_100.jpgPONTEVEDRA> O ourensán Manuel Vázquez é desde esta fin de semana o novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. O ex-Conselleiro de Medio …

     {flowplayer}images/salnes/270409_congreso_psoe.flv{/flowplayer}

    …Ambiente foi elixido na Comisión Executiva Nacional Galega celebrada este venres e sábado en Pontevedra; acadando un respaldo do 87,04 % dos 437 asistentes. Vázquez recibiu o apoio inminente do Presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero. Ámbolos dous fixeron fincapé na necesidade de camiñar cara a adiante para construír unha alternativa seria de goberno no futuro.

    Vázquez quixo que a súa nova executiva contase co sindicalista Pablo García como número dous, e que mantivese nomes como Mar Barcón, Beatriz Sestayo, Ricardo Varela, Laura Seara, Carmen Gallego, Guillermo Meijón ou Miguel Fidalgo, fronte a notables ausencias do goberno anterior como Dolores Villariño ou María Xosé Caride. Vázquez, ó igual que o presidente do Goberno, dedicou unha parte do seu discurso ó recoñecemento para o seu antecesor no cargo, Emilio Pérez Touriño.

    Na súa exposición Vázquez abordou sen complexos varias sentencias do que entende que será o seu liderado á fronte do PSOE galego; así prometeu que unha mesma persoa non posuirá máis dun cargo institucional e abordou temas como o conflicto lingüístico, no que acusou ó PP de G de usar ó galego como elemento de confrontación.

    Redacción Salnés