Pontearnelas renova o campo de fútbol e Tremoedo estrea aparcamento

    campo_futbol_aschans_100_270409.jpgVILANOVA> O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou as actuacións que o organismo provincial está a levar a cabo nestas parroquias.

    {flowplayer}images/salnes/270409_inauguracions_vilanova_ok.flv{/flowplayer}

    A Deputación de Pontevedra investirá preto de 600.000 euros no acondicionamento do campo de fútbol de As Chans, en Pontearnelas. A principal mellora contemplada no proxecto é a cobertura do terreo de xogo con herba sintética. A actuación completarase coa dotación de material deportivo e o acondicionamento xeral das instalacións. A Deputación proporcionará un xogo de porterías de fútbol once e outros dous de fútbol sete abatibles, así como un lote de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. Tamén se construirá unha grada elevada con capacidade para 300 persoas, baixo a cal se prevé instalar nun futuro os vestiarios.

    Ademais do presidente da Deputación, Rafael Louzán, na visita ó campo de As Chans estiveron presentes o vicepresidente provincial, José Juan Durán e os alcaldes de Vilanova e Cambados. Logo de Pontearnelas, todos eles se desprazaron á parroquia de Tremoedo. Alí inauguraron o aparcamento parroquial próximo á igrexa, dous mil metros cadrados de superficie nos que se poderán estacionar tanto autobuses coma turismos.

    Redacción Salnés