O pleno desbota ubicar o novo mercado no seu emprazamento actual

    plenoribeira_100_280409.jpgRIBEIRA> A corporación ribeiresa celebrou un pleno no que a totalidade da orde do día estaba composta por mocións presentadas polos distintos grupos.

    {flowplayer}barbanza/plenoribeira.flv{/flowplayer}

    Unha das que máis interese xerou foi a proposta nacionalista para a construción dun novo mercado. Tódolos grupos respaldaron de xeito unánime a necesidade de dotar a Ribeira dunhas novas instalacións pero discrepan no lugar elixido para ubicar a nova praza de abastos.

    Na súa iniciativa, o BNG propón a demolición do actual edificio do mercado para a construción dun novo inmoble neste solar, dotado dun aparcamento subterráneo e rodeado de zona verde.

    Traslado temporal

    Mentres se acomete a construción do novo inmoble, os nacionalistas apostan por trasladar ós vendedores a unha carpa. Esta opción non é compartida polos edís de IPdeR posto que, no actual inmoble do mercado, se ubican tamén as oficinas de varios sindicatos e outras asociacións que non terían un emprazamento alternativo mentres duren as obras.

    Os socialistas tamén comparten a necesidade de dotar a Ribeira dun mercado axeitado e en condicións dignas, proposta que xa levaban no seu program electoral polo que esixen ó goberno local que realice as xestións oportunas para conquerir os terreos na zona portuaria.

    Dúas opcións

    Precisamente, a edil responsable de mercados, Esther Patiño, explicou que o seu emprazamento na zona portuaria é unha das opcións que baralla o executivo pero que ata o momento non se levou a cabo pola falla de colaboración de Portos de Galicia. A outra posibilidade sería ubicar o mercado na urbanización O Rueiro, de nova construción.

    Dende o goberno local desbotan por completo a opción dos nacionalistas de construir o mercado no mesmo sito posto que non dispón de espazo suficiente o que obrigaría a habilitar varias prantas, reducindo a súa funcionalidade.

    Redacción Barbanza