Siec, Enxuto, e H20, campións no V Trofeo Enmacosa

enmacosa250_290409.jpgSANXENXO> Esta fin de semana disputouse en augas da Ría de Pontevedra a regata final do V Trofeo Enmacosa para Cruceiros. Finalmente non houbo sorpresas e os líderes da segunda etapa mantiveron as súas posicións de privilexio e alzáronse coa victoria final.

{flowplayer}images/salnes/regataenmacosa_280409.flv{/flowplayer}

SANXENXO> O Siec de Pepe Smith, en Clase Regata, o Enxuto de Pablo Conde en Cruceiro-regata e o H2O de Iñaki Carbajo en Cruceiro, proclamáronse esta fin de semana campións da sexta edición da Regata Ría de Pontevedra, V Trofeo Enmacosa.

A terceira e definitva xornada dictou sentencia e deixou como gañadores ós líderes do segundo día. Un total de 17 embarcacións, das 20 inscritas inicialmente, tomaron a saída no Club Náutico de Portonovo para cubrir un percorrido de 14 millas costeiras con Aguete como punto de destino.

Os participantes atopáronse cun vento do Suroeste de 6 nós e medio, bastante menos que en anteriores mangas, e mar de fondo, o que complicou lixeiramente o desenvolvemento da regata. Estas circunstancias climatolóxicas ralentizaron o ritmo da proba e os barcos tardaron algo máis de tres horas en completar esta derradeira manga.

Ó remate da proba celebrouse a entrega de trofeos no Club Náutico de Aguete, onde os gañadores foron homenaxeados. Esta regata, organizada conxuntamente polos Náutcos de Sanxenxo, Portonovo e Agute, cumpríu xa o seu sexto aniversario e consolídase como unha das máis destacadas dentro do calendario de regatas da provincia.

Redacción Salnés